216769859266696 216769859266696
 
IMG-20200716-WA0003_edited.jpg

LAURA VILLAVERDE

Actriz, creadora e produtora de ArtesaCía . Licenciada en arte dramática pola ESAD de Galicia (2006-2010), ampliou os seus estudios en NY (2010 - 2012) da man da SITI Company & Anne Bogart.

Actuou en teatros internacionais como The Kitchen Theatre (NY) , Dance Theatre Workshop (NY), Catedral de Sal de Zipaquirá (Colombia), Teatro Tapia (Puerto Rico), Teatro Cádiz (Bogotá)...

 

Foi elixida como actriz para o programa de Dirección Cinematográfica da “City College of New York”, dirixido por Chantal Akerman. Bolseira no programa de adestramento actoral internacional da universidade “ Skidmore College” .

 

Formou parte no 2014 e no 2019 das producións do Centro Dramático Galego, sen deixar a dirección artística  da súa compañía  2010- 2022.

  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn
  • Instagram