216769859266696 216769859266696 Bio | Artesa Cía Compañía Escénica
top of page

Artesa Cía Transmedia

Compañía escénica de creación contemporánea.

Artesa Cía fundouse no 2010 en NYC. Hoxe afincada en Galicia (Tui).  Artesa Cía desenvolve unha linguaxe propia baseada na plástica, no cine, na hibridación de disciplinas e na investigación escénica.

A compañía está formada polos seus fundadores  Laura Villaverde, actriz e creadora escénica, e Roi Fernández,  artista multimedia. Pero tamén por Héctor Pazos (músico e iluminador) e Susana Méndez (técnica multimedia), que forman parte da equipa fixa da compañía.

A compañía funciona con equipas de traballo abertas para crear a posibilidade de proxectos nutridos por colaboracións; locais, nacionais e internacionais. Sempre na busca de material inédito para as súas obras escénicas.

Artesa Cía procura comezar os procesos a través de residencias artísticas e nutríndose continuamente da interdisciplinariedade das súas equipas, dotando ós proxecto da súa característica multidisciplinar. 

A compañía ten un amplo currículo no marco escénico e artístico en xeral, participando no Festival internacional de teatro de Ourense ( FITO), no Festival Internacional  Outono de Teatro - FIOT Carballo, Festival de teatro  Galego de Carballiño  FETEGA, Festival Ibérico de Arte e Acción  OCUPAI, Portugal,  The  Kitchen ( NYC, USA),  the Dance  Theatre  Workshop ( NYC, USA), Encontro de  Teatristas Experimentais Iberoamericanos en San Juan (Porto Rico), Festival 3ª  InterLatin en  Zipaquirá (Colombia) Catedral de Sal, Festival "Festa das  Artesa Escénicas de  Medellín", 41 Festival Internacional da Cultura de  Tunja, Teatro  Cadiz de  Bogotá (Colombia).

 

Artesa  Cía  foi a primeira compañía en formar parte do programa de Residencias Técnicas, dentro da liña de apoio á creación do Teatro Colón, e do Teatro Rosalía de Castro, tamén do Teatro Municipal de Tui en dúas ocasións. En 2018 e 2021 foi seleccionada con dúas Residencia Paraíso do colectivo  RPM. Conta cunha residencia artística na Fundación Luís Seoane da Coruña, e no espazo A NORMAL . O seu último espectáculo foi seleccionado para a rede de salas alternativas de  españa.

 

Os seus proxectos creativos contan co apoio de AGADIC,  INCE, XUNTA DE GALICIA, A  FURA  DELS BAUS FUNDACIÓN  EPICA e CONCELLO DE TUI.

 

No ámbito pedagóxico, impartiron multitude de cursos nacionais e internacionais, tanto en institucións artísticas privadas como universidades estatais. Crearon e coordinaron relevantes encontros escénicos como o 1 er Encontro de Novos Creadores Escénicos TRANSCÉNICA na Coruña 2015.
 

POR QUE É TRANSMEDIA?


Porque os seus proxectos escénicos despréganse a través de múltiples medios tecnolóxicos e ferramentas narrativas.

 

COMO É O PROCESO CREATIVO?


Cada proxecto e equipa é diferente, polo que cada produción conta cunha metodoloxía que se adecúe ás persoas, ó material a mover e ás circunstancias, pero sempre dende a súa  filosofía  dunha creación horizontal.

bottom of page