216769859266696 216769859266696
 
WhatsApp Image 2022-01-12 at 20_edited.jpg

ROI FERNÁNDEZ 

Artista multimedia e director artístico de Artesa Cía. Roi Fernández ou SrPause, como tamén é coñecido, leva máis de 20 anos traballando no panorama artístico contemporáneo nacional e internacional, tanto nos campos escénicos ( performance, teatro) como audiovisuais (cinema, videocreación, Cinema ao vivo) e multimedia (arte interactiva, net art).

 

O seu labor foi premiada e amosada en lugares tan diversos como España, Grecia, Colombia, China, Arxentina, Reino Unido ou EEUU, onde tamén pasou dous anos de formación cinematográfica, cunha bolsa á excelencia da Fundación Barrie da Maza.

 

Actualmente é o director artístico da súa propia produtora audiovisual " SrPause", ao mesmo tempo que traballa na súa compañía escénica Artesa Cía.

  • Roi Fernández
  • Roi Fernández