216769859266696 216769859266696 bio héctor | Artesa Cía
top of page
WhatsApp Image 2022-01-30 at 12.16_edited.jpg

HÉCTOR PAZOS

Héctor Pazos forma parte do equipo permanente de ArtesaCía. Licenciado en Bioloxía, Historia da Arte, grao superior de piano e cun master en xestión cultural. Criouse no mundo escénico e cultural; a súa nai é actriz e o seu pai director e dramaturgo.  

​

Héctor desenvolve a creación lumínica e compositiva de ArtesaCía dende o 2013. É o iluminador e  músico do equipo.

 

Iniciou a súa andaina no mundo técnico escénico coa singular compañía "Teatro de Ningures" no 2000, na que segue a día de hoxe entre moitas outras. Afeito a lidar non só na creación lumínica (onde aplica os seus coñecementos de ciencia e Historia da arte), senón na resolución técnica nos máis diversos escenarios a nivel nacional.

​

Creo xunto a un pequeno grupo de amigos o divertido e interesante podcast en galego "Gurrucho de Vozcast".

  • Facebook
  • Instagram
  • Twitter
bottom of page