216769859266696 216769859266696 Panos De Vinagre | Artesa Cía Compañía Escénica
top of page
PANOS DE VINAGRE

Duración: 20 minutos

Género: PERFORMANCE

Público: Tódos os públicos

Esta acción escénica trata sobre a bisavoa da artista Laura Villaverde, Xenerosa. Disque pasou media vida poñéndolle panos de vinagre á súa filla, para axudar a sandar os moretóns que lle facía o seu home en cada malleira. Na miña casa a expresión “porlle panos de vinaghre” forma parte do ben inmaterial familiar, tan ou máis valioso que calquera monte de carballos que che deixan de herdanza nun outeiro soleado. É raro que un ben inmaterial tan venerado nacese dalgo tremendamente tráxico e violento, pero o caso é que esa expresión espertou en min a conciencia feminista e a necesidade de defender os dereitos da muller tanto na miña vida como nas miñas pezas artísticas. Sempre que cheiro o vinagre, inconscientemente, venme unha imaxe chea de cariño dun pano enchoupado en vinagre sobre un corpo feminino e uns ollos maternos que conteñen impotencia e ira. Hoxe, Xenerosa podería estar observando dende lonxe, mentres toma a súa cunca de viño, como a súa acción irradiou ata chegar á súa terceira xeración.

De seguro que a túa familia tamén che deixou un ben inmaterial pareceido o meu. Que tes pensado facer con el?"

SINOPSE

 

 "Panos de Vinagre”, unha acción inspirada no valor do legado familiar intanxible. Coa lembranza dunha bisavoa, Xenerosa, como fío condutor, a artista fai ao público partícipe dunha historia real de violencia e como as mulleres da súa familia utilizaban panos de vinagre para curar os negróns. En definitiva, unha historia tantas veces repetida, na que o patrimonio inmaterial interxeracional se convirte no mellor aliado contra a violencia machista e na que se chama a reflexionar sobre a súa importancia.           

 

De seguro que a túa familia tamén che deixou un ben inmaterial pareceido o meu. Que tes pensado facer con el?"                                                

"A Alameda redondelá encheuse de emoción coa performance da artista que evidenciou o longo camiño que aínda queda na loita contra as violencias machistas"

 Porriño digital

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ficha Artística

Dirección , dramaturxia, reparto /  Laura villaverde,

Técnica / Roi Fernández

Estrea

 

Alameda de Redondela, enmarcada no programa “Violencia Zero” da Diputación de Pontevedra 27/04/21

Redes Sociales

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon
bottom of page