LAURA VILLAVERDE
Actriz, creadora e produtora de ArtesaCía . Licenciada en arte dramática pola ESAD de Galicia (2006-2010), ampliou os seus estudios en NY (2010 - 2012) da man da SITI Company & Anne Bogart.
Actuou en teatros internacionais como The Kitchen Theatre (NY) , Dance Theatre Workshop (NY), Catedral de Sal de Zipaquirá (Colombia), Teatro Tapia (Puerto Rico), Teatro Cádiz (Bogotá)...
Foi elixida como actriz para o programa de Dirección Cinematográfica da “City College of New York”, dirixido por Chantal Akerman. Bolseira no programa de adestramento actoral internacional da universidade “ Skidmore College” .
Formou parte no 2014 e no 2019 das producións do Centro Dramático Galego, sen deixar a dirección artística da súa compañía 2010- 2022.