ILLAS DESERTAS
Duración: 60 minutos
Género: Teatro
Público: Tódos os públicos
​
ILLAS DESERTAS válese das experiencias e reflexións de dous dos grandes fracasos da historia, a aventura da aviadora Amelia Earhart e da expedición do explorador Ernest Shackleton. Toda a obra está bañada pola súa transmisión cultural polo seu camiño vital cara a utilidade desas cousas inútiles.
​
A obra fai referencia directa ás ambigüidades do hoxe e logra arroxar luz nos recunchos escuros do incosciente colectivo. As historias que conta son narrativas irresistibles e universal, ademáis de intemporais: Un home comeza unha expedición cara a Antártida. Unha muller comeza unha volta o mundo en avión. O motivo? Necesitan seguir os seus soños, as súas paixóns, superar os seus medos e curiosidades. A obra fai unha profunda análise de por qué vivimos, en qué consiste a vida e por qué morremos.
​
Os protagonistas desta historia fraccionada convidan ó público a través dos seus móbiles para subirse a bordo da súa expedición ás Illas Desertas. Esta viaxe dividida en etapas convértese nun acto poético, nunha experiencia, nunha fermosa aventura contemporánea no que se amosa outro camiño, outra alternativa á competitividade e produtividade da sociedade actual atafegada polo éxito, as metas e a posesión de bens.
​
ArtesaCía embarca ó espectadoor nesta aventura, con interrogantes, incerteza, entusiasmo e paixón. Sen esquecer o poético, íntimo e contemporáneo que existe nos seus traballos e continúa na procura de novas linguaxes escénicas; esta vez, para penetrar na utilidade do inútil.
SINOPSE
Cal foi a túa última experiencia inútil?
​
Illas desertas é unha experiencia inútil, unha viaxe cara á nada, un canto ao fracaso, unha conquista do inútil, unha viaxe interior. É habitar, abrir, reencontrarse con eses territorios ignotos que nos habitan interiormente e que buscan salír á boia, cando a vida sacódenos, cando nace ese baleiro que o material non pode encher. Por que non roubarlle o tempo á morte con esta aventura?
Espectáculo seleccionado para la red de Salas Alternativas 2021
Ficha Artística
​
Dirección e dramaturxia / Laura villaverde e Roi Fernández
Reparto / Laura villaverde, Roi Fernández​​, Susana Méndez, Héctor Pazos.
Control técnico en directo /Susana Méndez.
Coreografía / Artesa Cía
Escenografía / Esther Quintas e ArtesaCía
Iluminación / Héctor Pazos
Vestuario / Esther Quintas e Artesa Cía
Produción/ Laura Villaverde
Fotografía / Alex Sobrino, Xisela Franco, Pedro Tizón
Videocreación / Roi Fernández
Cinema en directo / Roi Fernández
Espazo sonoro / Roi Fernández, Héctor Pazos
Música ao vivo / Héctor Pazos.
Distribuidora / Urdime
Programación interactiva para app móbil /Fundació Épica (La Fura dels Baus).
Colaboran / AGADIC, La Fura dels Baus, Colectivo RPM, Concello de Tui, Sala Ingrávida. Comunidade de Montes de Guillarei.
​
Residencias
Residencia Paraíso (Colectivo RPM)
Residencia Oasis (Colectivo RPM e Teatro Rosalía de Castro da Coruña)
Work in progress (Sala ingrávida)
Residencia Técnica Área Panorámica (Concello de Tui)
​
Impresións de Illas Desertas
​
​
​
​
​
​
Apoio
Sala Ingrávida, La Fura dels Baus, Concello de Tui, AGADIC, Xunta de Galicia, Sebastián Álvaro, Edicións da Feira.
​
Estrea
Teatro Municipal de Tui, 23 de Marzo de 2021
​
Xira
​
​
​
​
​
Actividade Expandida
​
​
​
​
​​Descargas
​​
​
​
​
​
​
Redes Sociales
​
​
​