CHOLA A IT GIRL
Duración: 75 minutos
Género: Teatro
Público: Tódos os públicos
CHOLA A IT GIRL nace da investigación polo miúdo da historia do termo "it ", e das diferentes mulleres que ó longo da historia tiveron a connotación de it girls. Tamén do interése en recurerar, redefinir e actualizar a it girl, que neste proxecto será unha muller imperfeita, espontánea e auténtica, que ten “iso”, ese plus de personalidade do que fala Kipling e Glyn, liberada de prexuízos e dos canons de beleza, amosando a plenitude que lle propociona ser unha muller independente que loita pola súa liberdade.Unha estirpe de muller decisiva que está un paso por diante da sociedade rural na vive. Dende este pulo de amosar a esa outra muller, que existe, pero que non ten visualización, nace “Chola a it girl”.
SINOPSE
Un show escénico no que unha mecánica de coches blogueira e Youtuber do rural galego 100% ecolóxica, tamén chamada, Chola a MULLER GLOCAL: pensa local para actuar globalmente. É contratada por un teatro para realizar o seu show, no que revelará en 10 sinxelos pasos como converterse nunha verdadeira It girl rectificada: o rural e o auténtico tamén poden ser tendencia. Unha inesperada chamada telefónica durante o espectáculo desencadeará un conflito para Chola, evidenciando a súa imperfección e humanidade, adxectivos nos que radica o seu éxito.
"A obra de Chola...é xenial. Intelixente,
divertida, orixinal, Chachi"
María Xosé Queizán
— Name, Title
Ficha Artística
Dirección y dramaturgia / Laura villaverde
Reparto / Laura villaverde
Control técnico en directo /Roi Fernández e Susana Méndez
Coreografía / Fran Martínez
Escenografía / Laura Villaverde e José Villaverde
Iluminación / Héctor Pazos
Vestuario / Carmen Carrera e Laura Villaverde
Diseño de cartel / Laura Villaverde
Fotografía / Pablo Nunes, Susana Méndez, Roi Fernández
Videocreación / Roi Fernández
Gravación e posporodución de vídeos / Roi Fernández
Espazo sonoro / Lucía Martínez e Roi Fernández
Intérpretes colaboradores nos visuais: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelma, Álvaro Iglesias, Simón Piñón, Hector Pereira, Megan Hanley, Raquel Espada.
Distribuidora
Urdime /
Colabóran
Agadic, Xunta de Galicia, Teatro Municipal de Tui, Srpause por facer real este proxecto, Comunidad de Montes de Guillarei, CRMotos, Espazo Extramuros e José Villaverde pola súa flota de coches.
Agradecementos
A todas as mullres do rural. A vós, que formades parte desa estirpe de mulleres decisivas que están un paso por diante da sociedade rural na que viven, polo voso inconformismo, talento, forza, e personalidade; pero tamén pola vosa procura incansabel de posibilidades para cultivarse e aprender, e pola vosa teima e constancia por fuxir dos canons actuais do que debería ser unha muller tendencia.
Estrea
Teatro Municipal de Tui 20/10/2017
Descargas
Redes Sociais